Terá lugar ás 12:00 horas na Aula Magna da Facultade de Humanidades e Documentación logo do convite realizado polos profesores da Universidade da Coruña Félix Puime e Joaquín Enriquez.
A Aula Magna da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol acolle, este venres 13 de setembro, ás 12:00 horas, a conferencia da Secretaria de Estado de Migracións, Pilar Cancela, titulada “Migración: Unha oportunidade para España”, convidada polos profesores da Universidade da Coruña, Félix Puimee Joaquín Enríquez.
Ao longo da súa intervención, Pilar Cancela analizará as políticaslevadas a cabo desde España no marco da migración regular, segura e ordenada grazas á materialización de acordos con terceiros países. Do mesmo xeito, explicará como funciona o sistema de atención humanitaria e de protección internacional para a acollida das persoas migrantes que chegan ata as nosas costas. Por último, a Secretaria de Estado de Migración analizará como afectará a aprobación, e sobre todo, a aplicación do Pacto Europeo de Migración e Asilo, aprobado recentemente a proposta da presidencia española do Consello da Unión Europea.
A conferencia, financiada polo Campus Industrial da Universidade da Coruña, está dirixida ao alumnado do grao en Relacións Internacionais, titulación que se imparte na Facultade de Humanidades e Documentación, e aberta a toda a comunidade universitaria e público xeral interesado. A entrada é libre ata completar o aforo.
Foto: A Secretaria de Estado de Migracións, Pilar Cancela, imparte, este venres 13 de setembro, ás 12:00 horas, na Aula Magna da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol, a conferencia “Migración: Unha oportunidade para España”, convidada polos profesores da Universidade da Coruña, Félix Puime e Joaquín Enríquez. Imaxe cedida pola SE de Migracións.