A Xunta colabora coa asociación de veciños da Residencia, en Lugo, con novas accións para dinamizar o barrio

por Redacción Lugo

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, xunto á presidenta da asociación de veciños da Residencia, Cecilia Vázquez, presentaron esta tarde unha nova actividade que se vai levar a cabo este venres, día 13, co obxectivo de dinamizar o barrio e ofrecer ás familias opcións que favorezan a conciliación.

Durante toda a tarde, desde as 16.30 ata as 19.30 horas, a Praza da Fonte dos Ranchos acollerá varios inchables e outros xogos, onde os nenos poderán divertirse co acompañamento de monitores.

Javier Arias destacou a colaboración da Xunta de Galicia na posta en marcha de actividades coma esta «que dan vida aos barrios e contribúen a facer cidade». Lembrou ademais o enorme impulso que experimentou a zona da Residencia coa posta en marcha do Centro Integral de Saúde, a Oficina de Emprego e a Residencia de Maiores.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario