O PSdeG-Provincial da Coruña celebrou unha reunión con representantes da ANPA do CPI Cabo da Area para amosar apoio ás súas reivindicacións

por 21 Noticias

Participaron na xuntanza o o secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro e membros do Parlamento galego como Julio Abalde Alonso e Patricia Iglesias Rey, ademais de integrantes da agrupación socialista local.

«A Xunta de Galicia segue facendo oídos xordos ante as reclamacións das familias de Laxe, que non piden máis ca persoal en Audición e Linguaxe ou en pedagoxía, e en definitiva revertir os recortes», explica Fernández Piñeiro.

O socialista sinala que «este é un exemplo máis do desleixo do PP cara a educación pública e cara a comarca de Bergantiños e a Costa da Morte, tanto en materia de infraestruturas como de servizos públicos».

«É moi difícil loitar contra o despoboamento do rural e das vilas pequeñas se non se prestan servizos de calidade, se non se cubren as necesidades da ciudadanía», subliña o secretario xeral provincial.

«Está moi ben que a Xunta diga sentirse preocupada por este despoboamento, pero estaría moito mellor que fixese algo para evitalo», critica.

Fernández Piñeiro concluíu indicando que «por todas estas razóns o Grupo Parlamentario Socialista presentou unha iniciativa no Parlamento de Galicia sobre esta cuestión, e dende o Partido Socialista seguiremos buscando accións conxuntas coas familias do alumnado».

Pola súa banda, Patricia Iglesias Rey pediulle ao conselleiro Román Rodríguez González «que non faga tanta propaganda e que escoite ás reivindicacións das familias de Laxe, que piden unha educación de calidade».

«Esta situación dase en Laxe e en toda a comarca, que está totalmente abandonada pola Xunta de Galicia e pola Consellería de Educación», lamenta a deputada socialista no Parlamento de Galicia.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario