A organización xuvenil organiza na cidade termal unhas xornadas de verán a fin de semana do 21 e 22 de setembro, con poñentes expertos na materia co fin de materializar o debate en iniciativas políticas
Xuventudes Socialistas de Galicia realizará unhas xornadas de formación na cidade Ourense, na contorna da Ponte Romana, a fin de semana do 21 e 22 de setembro, onde se abordarán as problemáticas da vivenda e saúde mental.
A organización xuvenil a nivel galego e local, colaboran coa Agrupación do PSdeG-PSOE de Ourense, nun encontro que servirá para “artellar un conxunto de iniciativas políticas en todos os niveis que axuden a resolver os problemas dunha xeración”.
O evento contará con persoeiros alleos ao PSOE e de recoñecido prestixio como Javier Burón, presidente de Nasuvinsa; Leticia Vázquez, activista xuvenil contra a precariedade laboral da xuventude ou a asociación pola saúde mental, Itínera, entre outros.
Xurxo Doval, secretario xeral de XSG, recalcou que “en Galicia hai máis de 250 mil mozos e mozas que non se poden emancipar, 80 mil con traballo. A precariedade, a falta de oportunidades, todo afecta tamén na saúde mental. Agora mesmo alguén estase quitando a vida en Galicia”.
Alba Iglesias, secretaria xeral de XSG-Ourense, puxo en valor que “As xornadas sexa un punto de encontro reflexión para que Ourense volva ser referente na promoción do benestar e participación dos mozos e mozas”, parabenizando a celebración dos “Premios Abandeirados” de XSG outorgados a colectivos da cidade.
10 anos despois das últimas escolas na capital ourensá, a organización sae reivindicar a “revolución” que se vive na cidade, premiando a 3 entidades sociais polo seu “abandeiramento xeracional”: Espazo Free Lusquiños, Apoyo + e OukéGal.
Natalia G. Beneitez, secretaria xeral da AL do PSdeG-PSOE, sinalou que “Ourense é un sitio distinto para todo, onde o acceso á vivenda ou a saúde mental deben deixar de ser os retos non conseguidos ou inalcanzables das políticas estatais, autonómicas e municipais”.
O evento comezará o sábado 21, ás 16:00H, coa presenza do secretario xeral do PSdeG, José Ramón G. Besteiro; e o secretario xeral de JSE, Víctor Camino.