O Concello de Covelo agasallou unha festa ao Club Patinaxe Covelo con motivo do seu vinte aniversario. No Club fundado por Adelina González Bernárdez no ano 2004 adestran máis de vinte deportistas que compiten en todos os niveis. O alcalde, Pablo Castillo, agradece o traballo intenso que realiza tanto a directiva como o equipo técnico e as familias non só para que esta modalidade deportivas se desenvolva con normalidade, tamén para os desprazamentos e as distintas probas que organizan atraendo a Covelo a centos de familias de toda España.
O Club Patinaxe Covelo é un dinamizador deportivo pero tamén social e económico que leva o nome desta vila a cada competición. Calquera nena ou neno ten as portas abertas no Club Patinaxe Covelo e dende as escolas promoven o deporte e forman canteira que prolongue esta exitosa vida na que a ilusión segue sendo a mesma do primeiro día.