PP: “Ao alcalde de Muras só lle interesa cobrar, non xestionar o noso Concello”

por 21 Noticias

Os populares afean que non asista a un pleno, pero que use medios do Concello para limpar na súa totalidade unha finca propiedade da súa familia cando “para a Feira do Poldro só se emprega unha parte, non toda”.

. “O alcalde de Muras non asiste ao pleno ordinario, pero si xestiona a limpeza da totalidade da finca propiedade da súa familia que, nunha parte, acolle a celebración da Feira do Poldro”, segundo explica a portavoz popular, Eugenia Requeijo. “Isto demostra claramente o pouco que lle interesa o noso Concello”, segundo subliña.

A popular explica que “a pesar de cobrar polo seu labor como alcalde e de que sabe de antemán cando se celebran os plenos, non lle importou faltar á última sesión”. Ademais, incide en que “como todos é sabido, a finca na que se celebra a Feira do Poldro no Alto da Gañidoira é propiedade da familia do alcalde. Entendemos que se teña que acondicionar para a celebración da feira, pero hai que recordar que só se emprega unha parte da finca e a limpeza con medios do Concello realizouse na súa totalidade”.

“O que lle importa ao alcalde nacionalista é cobrar, non xestionar debidamente o noso Concello”, enfatiza.

CONCURSO DE GANDO

Os populares tamén cren que “o goberno local debeu ser máis áxil”. Ante a cancelación da participación do gando vacún na XXXVI Feira do Poldro e do gando do monte como medida preventiva ante a incidencia da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) e da lingua azul e antes de rematar o prazo de inscricións, debería ter tomado medidas para reorganizar os premios para fomentar a participación de máis gandeiros con exemplares de equinos”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario