O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe na presentación desta proba deportiva de obstáculos que se disputará o vindeiro sábado, 21 de setembro no complexo turístico de O Corgo.
A Deputación de Ourense fomenta o turismo de familia cunha nova edición da Gladiator Race que reunirá o vindeiro sábado, 21 de setembro, ao redor de 300 nenos e nenas de entre 3 e 15 anos no complexo turístico de O Corgo, en Muíños. O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor; o alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; o xefe do Servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; e o director técnico da proba, Serafín Martínez, presentaron hoxe os detalles desta nova edición.
Este evento, que se enmarca dentro das actividades que organiza a Deputación na súa aposta polo turismo deportivo na provincia, chega xa a súa sexta edición, aínda que nos últimos anos está dirixida aos máis cativos para fomentar tamén o turismo familiar a través dun dos eventos máis espectaculares que se realizan na nosa provincia ao mesturar deporte e aventura “nunha contorna paisaxística e natural sen parangón como a que ofrece o municipio de Muíños”, explicou Luis Menor.
O goberno municipal de Muíños é “un gran exemplo de como a boa política incide dunha maneira clara nos territorios creando riqueza, atraendo xente e acollendo actividades como estas que teñen un importante retorno económico”, salientou Luis Menor.
Pola súa parte, o alcalde de Muíños agradeceu ao presidente provincial o apoio da Deputación para levar a cabo este tipo de actividades “ondequeremos fomentar o turismo porque o retorno é moi importante para os nosos territorios”.
Neste sentido, cabe destacar que este tipo de probas de turismo deportivo contribúen a revalorizar os recursos da provincia influíndo positivamente no desenvolvemento económico e social da provincia desde unha perspectiva sostible. Ademais, este tipo de actividades tamén nos axudan a desestacionalizar a oferta turística a través do deporte.
Gladiator Junior
Nesta ocasión, o Complexo turístico de O Corgo acollerá a GladiatorJunior este sábado na que 300 nenos e nenas poderán gozar dos obstáculos poñendo a proba as súas habilitades.
A proba disputarase en dúas modalidades: unha non competitiva para menores de entre 3 a 11 anos, e outra competitiva dirixida a os de 12 e 15 anos que a disputarán en formato de equipos mixtos de 5 a 7 compoñentes.