Exposición de carteis de cine cubano de Eduardo Muñoz Bachs no marco da 46ª Semana de Cine de Lugo

por 21 Noticias

 O delegado territorial, Javier Arias, participou na inauguración da exposición de carteis xunto cos organizadores, o grupo cinematográfico Fonmiñá.

A mostra poderá visitarse ata o 12 de outubro. Achegará aos lucenses o traballo deste deseñador e ilustrador nacido en Valencia en 1937 e que se trasladou a Cuba moi novo. A súa obra é unha referencia na historia da gráfica cubana, sobre todo no que respecta ao cinema, para o que realizou máis de mil carteis ao longo da súa traxectoria.

A programación da Semana de Cine inclúe 147 películas que poderán verse entre hoxe e o domingo en cinco espazos da cidade. Dúas das sedes serán a Biblioteca Pública e a Delegación Territorial da Xunta, que acollerán os ciclos adicados ao cinema español inédito e ás producións galegas, respectivamente.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario