José Tomé esíxelle á Xunta que resolva a falta de profesorado e recupere a gratuidade dos libros de texto

por Redacción Lugo

O Pleno deste martes aprobou unha proposta de Goberno para que o Executivo autonómico atenda a demanda de persoal docente neste inicio de curso, ademais que cumpra as ratios de alumnos por aula e que fomente a escolarización infantil

– “A Xunta ofertaba nas últimas oposicións 1.512 prazas de novos profesores, pero só cubriu 1.256. As 256 prazas non cubertas eran un capricho administrativo?”, preguntou a Voceira socialista, Pilar García Porto, durante a sesión provincial

Ademais a institución provincial pediralle á Xunta de Galicia que poña medidas para evitar a suba da taxa de tratamento de lixo aos concellos tras aprobar na sesión celebrada esta mañá outra das mocións presentadas polo grupo do PSdeG

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario