A concellería de educación comezou hoxe coa entrega dos vales ás familias.
Maite Ferreiro, concelleira responsábel de Educación, anunciou que vén de iniciarse a entrega dos vales da Concellería de Educación destinados a libros de texto e material escolar. «Continuamos co noso obxectivo de
ter listo este procedemento co inicio do curso escolar escolar», declarou Ferreiro, que engadiu «desde a concellería de Educación esforzámonos en facilitar ás familias, no menor prazo de tempo posíbel, esta axuda que serve para garantir o acceso ao material a moitas nenas e nenos».
A concellería de Educación entregará 400 cheques de 100€, ata completar un total de 40.000€ adicados a esta liña de axudas. O criterio único de baremación para a concesión da axuda é a renda per cápita anual da
unidade familiar quedando este ano establecido o tope no 85% do IPREM. En total, a concellería de Educación atendeu a 723 solicitudes para estas axudas.
As listaxes definitivas poden consultarse no taboleiro de anuncios do concello e na web municipal, e a recollida de vales realizarase nas oficinas de Educación no Centro Uxío Novoneyra.