O sábado 28 de Setembro organizamos un roteiro ornitolóxico pola costa de Cangas no que iremos observar aves que frecuentemente viven entre a costa e a entrada da Ría de Vigo.
Desta feita, na que será a terceira ruta de observación de aves dentro da campaña’12 meses, 12 saberes’ que organizamos ao longo de 2024, observaremos aves como o Bilurico bailón, o Virapedras e aprenderemos a distinguir entre o Corvo mariño cristado e o Corvo mariño real.
Tamén dedicaremos especial atención ás varias especies de gaivotas que se poden observar na Ría de Vigo. Estamos tan acostumados a velas que por veces non reparamos nas diferenzas que permiten distinguir facilmente entre:
Gaivota patiamarela
Gaivota chorona
Gaivota cabecinegra
Gaivota escura
Serán dous quilómetros ao longo da costa de Cangas nun percorrido de dificultade baixa. Non é imprescindible, porque os guías levarán aparellos de observación, pero se podes trae os teus propios prismáticos de modo a axilizar a observación de cada ave.
.Data: sábado 28 de setembro, de 11:00 a 13:30
.Punto de encontro: Estación marítima de Cangas – 42°15’41.9″N 8°47’05.4″W
Os que vaiamos dende o sur quedamos ás 10:15 na Estación marítima de Vigo
.Inscrición: A inscrición é gratuíta pero obrigatoria en info@verdegaia.org, indicando o nome de cada persoa, un número de teléfono e especificando se algunha é menor de 14 anos.