Ecoloxistas en Acción interpón unha nova denuncia polos vertidos procedentes da mina de Touro

por Redacción Galicia

Denuncian que o contínuo desleixo da Xunta para a restauración das augas na contorna da mina estaba motivado pola intención de reimpulsar a explotación mineira

Cando en 2020 se denegou o proxecto da mina de Touro o partido do goberno cos seus conselleiros á cabeza alegráronse moito de anunciar que «tal e como estaba redactado non se garantizaba a sostenibilidade ambiental» e contaba con informes «desfavorables» e «insalvables» de Patrimonio Natural e de Augas de Galicia, afirmando tamén que o proxecto mineiro tería unha afección grave á «calidade das aguas» dos municipios de O Pino e Touro, ao tempo que «si hai un desastre» non se garantiza a protección dunha zona de especial conservación (ZEC), explicaba á Conselleria de Medio Ambiente.

Pero, a pesar de que o propio conselleiro de Economía, Emprego e Industria, daquela Francisco Conde, compareceu ao mesmo tempo na sede parlamentar para comprometerse a esixir, á titular dos terreos da mina, un plan de restauración das augas. As intencións non se cumpriron, Ecoloxistas en Acción ten denunciado estes anos en reiteradas ocasións que nunca se acometeu o proxecto integral de drenaxe das augas ácedas de mina.  

Os ríos saen do entorno da mina seguen nun estado lamentable de contaminación e turbidez e así o demostra a nova denuncia interposta hoxe por Ecoloxistas en Acción.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario