Arias anima aos usuarios do Bono Turístico da Xunta a empregalo nalgún dos 79 aloxamentos lucenses participantes

por Redacción Lugo

O delegado territorial visitou un dos establecementos adheridos, situado en Outeiro de Rei, onde lembrou que poden seguir sumándose novos negocios ata o 2 de decembro.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, animou hoxe aos usuarios do Bono Turístico da Xunta a que o empreguen nalgún dos 79 establecementos de toda a provincia participantes na campaña. Remarcou que ata o próximo 2 de decembro poden seguir sumándose novos negocios.

Arias visitou en Outeiro de Rei un dos aloxamentos adheridos, Casas da Fortaleza, onde   destacou o éxito da cuarta edición desta iniciativa, que esgotou en 15 días os 16.666 bonos dispoñibles.

Remarcou que o obxectivo é axudar a desestacionalizar a demanda turística, polo que o período no que os beneficiarios poden empregar os descontos abrangue dende o 10 de setembro ata o 25 de decembro.

Os bonos están en formato de código QR e teñen un importe de 150 euros cada un, cofinanciados nun 40% pola Xunta en nun 60% polos particulares. Na páxina web bonoturismo.gal pódese consultar toda a oferta, formada por case 470 hoteis, casas de turismo rural, campamentos, apartamentos turísticos, vivendas e albergues turísticos repartidos por toda Galicia.

“Nas edicións anteriores comprobamos que este programa supón unha inxección importante para o sector e para economía das zonas nas que están os negocios inscritos”, dixo Arias.

Na mesma liña, destacou o impacto positivo doutras campañas en marcha como o 18º ‘ title=’https://www.turismo.gal/que-facer/promocions-para-gozar-agora/outono-gastronomico?langId=gl_ES»>’>https://www.turismo.gal/que-facer/promocions-para-gozar-agora/outono-gastronomico?langId=gl_ES»>Outono Gastronómico de Turismo Rural, tamén impulsada pola Xunta para dinamizar o sector nesta época do ano. Os consumidores teñen ata o 15 de decembro para desfrutar das promocións en 77 establecementos galegos, 23 deles lucenses. Toda a información está dispoñible na páxina web da Axencia de Turismo de Galicia.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario