Elena Espinosa advirte que a decisión de que deixaran de facer informes nalgunhas áreas sanitarias sobrecarga aos profesores de Atención Primaria, obrigados a asumir o papel do radiólogo
A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Elena Espinosa, presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Sanidade do Parlamento para que o Sergas reorganice e reforce os servizos de Radioloxía para garantir que volvan asumir os informes das probas solicitadas dende Atención Primaria. Lamentou o voto do PP en contra desta iniciativa, que permitiría “desafogar o traballo dos médicos” e repercutiría nunha mellor atención aos pacientes, aliviando as listas de espera.
Espinosa advertiu de que a decisión dalgunhas áreas sanitarias nas que os especialistas en Radioloxía deixaron de informar das probas de radioloxía simple solicitadas dende Atención Primaria. Esta decisión “xera aínda máis sobrecarga na Atención Primaria, xa colapsada e saturada”, obrigando aos facultativos a asumir unha tarefa que antes facía o radiólogo, “ocupando un tempo que podería ser destinado á atención de pacientes”.
Criticou que o Sergas quere “tapar un roto cun descosido” diante dun problema que radica na falta de radiólogos, que por outra parte xurde da “mala planificación dos especialistas necesarios por parte da Xunta de Galicia”. Sinala que “se aumentou a demanda e o tipo de explotacións, pero seguen a ser os mesmos médicos, é imposible cadrar coa necesidade de informar das probas”, e desviar o problema a unha atención primaria que “xa non pode aguantar máis” é, dixo, “absurdo”.
Urxiu ao goberno galego a reorganizar o traballo diante das xubilacións que se aveciñan nos próximos anos para anticiparse a unha situación que só pode empeorar á sobrecarga dos médicos de atención primaria, a demora na atención aos pacientes e o incremento de gastos.
Reclamoulle ao Sergas que garanta que garantan que a radioloxía simple solicitada dende Atención Primaria, servizos de Urxencia e os PACs, así como dos centros de saúde, chegue informada polos servizos de radioloxía correspondentes “para poder prestar unha adecuada atención polo aumento da capacidade de diagnóstico”.