«Reclamamos soberanía fiscal e, no inmediato, un sistema de concerto que dea á Galiza capacidade normativa e de recadación» reivindica Néstor Rego
A comparecencia da Vicepresidenta Primeira e Ministra de Facenda no Congreso foi aproveitada polo BNG para demandar, frente ao servilismo e submisión do Presidente da Xunta aos intereses do Partido Popular, soberanía fiscal e, no inmediato, un sistema de concerto que dea á Galiza a capacidade normativa e de recadación. O deputado do BNG na cámara baixa, Néstor Rego, sinalou que o Goberno do Estado ten a responsabilidade de facelo posíbel e cumprir o pactado no Acordo de Investidura co BNG: mesmo status para a Galiza que Euskal Herria e Catalunya e a quita da débeda.
«Ao BNG si lle interesa mellorar a calidade de vida e o benestar das galegas e galegos. Por iso reclamamos soberanía fiscal e, no inmediato, un sistema de concerto que dea á Galiza capacidade de normativa e de recadación» reivindica o deputado do BNG no Congreso durante a comparecencia da Ministra de Facenda. De facto, a pasada semana, na sesión de control ao Goberno, Rego lembráballe esta cuestión á Vicepresidenta e sinalou que agora «é o Goberno do Estado quen ten a responsabilidade».
Se aceptan un financiamento singular para Cataluña, reclama Rego, o Goberno do Estado debe aceptalo para un País como a Galiza con características singulares que pode e debe responsabilizarse de si propio e dos recursos que xera. «Galiza, que ten a consideración constitucional de nacionalidade histórica, con Euskadi e Cataluña, non quere nin pode seguir perdendo oportunidades. Ese modelo xa o ten Euskal Herría, terao Cataluña e pode e debe telo tamén a Galiza» afirma Néstor Rego.
Sobre a quita da débeda, o deputado lembrou que o BNG incorporou ao Acordo de Investidura que ao noso País se lle reduciría a débeda ou se compensaría no caso da establecida cos bancos, en porcentaxe análoga a outras Comunidades. «Se callar por iso non lle interesa ao PP, para non recoñecer o papel do BNG e porque lle desmontaría a campaña sobre Cataluña. É realmente escandaloso. Se a Rueda non lle interesa, aos galegos e galegas evidentemente si» subliña.
Rueda: delegado servil e submiso aos intereses de Génova
«O Presidente do Goberno galego está disposto a perder recursos esenciais para a Administración galega sendo un delegado servil, un «bon colonizado», submiso sempre ao que manden en Madrid, mesmo que iso prexudique todos os galegos e galegas, o que o converte nun presidente anti-galego, como xa deixou claro historicamente atacando a nosa lingua» criticou o deputado do BNG no Congreso após o rexeitamento de Rueda para negociar de forma bilateral un sistema de financiamento xusto para a Galiza e a quita da débeda.
Un Partido Popular, o galego, que se embarca na campaña deseñada en Génova contra o que eles mesmos chaman «secesionismo fiscal» sendo, cualificou Néstor Rego, un «comportamento irresponsábel» xa que «non lle preocupa que a Galiza perda centenas ou millares de millóns de euros que permitirían mellorar os servizos públicos ou soster políticas públicas esenciais, por exemplo en vivenda ou emprego».
E esta submisión, sinalou o deputado nacionalista, está protagonizado polo partido que triplicou a débeda pública galega, situándoa por riba de 12 000 M€ e recorrendo á banca privada en vez de ao FLA.
Desmontando a campaña do PP sobre o «secesionismo fiscal»
Rueda, ademais, renuncia a bilateralidade co Estado para demandar un novo modelo de financiamento para a Galiza. «Se callar porque isto deitaría por terra a súa campaña demagóxica de que o financiamento singular de Cataluña prexudicaría a Galiza. Comezou dicindo que perderíamos 444 M€, agora xa serían 628 M€, sen que expliquen como nin por que» subliña.
«Por moito que Rueda e o Partido Popular se empeñen, a realidade é ben diferente. Non é Catalunya quen nos rouba, é Madrid, entendido como metonimia de España» asevera o deputado do BNG. Para desmontar a campaña do PP sobre o «secesionismo fiscal», Néstor Rego salientou datos do espolio que se está a producir.
«Se tomarmos a liquidación de 2022 resulta que a diferenza entre o que os galegos e galegas pagamos en impostos e o que o Estado nos devolve sitúase en 5344 M€. A conclusión do economista Xosé Díaz é que desde 2009 o Estado succionou á Galiza case 60 000 M€» asevera.
«Marisú «ya sabe torear a todos (llegó a Madrid entrenada con los ERE andaluces)y nada aporta .Néstor Rego pierde su tiempo trantándo de que la Ministra le aclare algo porque por formación personal debería de estar en un ambulatorio recetando aspirinas y paracetamol .Estará culpando al PP de su incapacidad para repartir lo que hay y subir a la Tribuna a pedir lo que no hay ni van a tratar desde Madrid de arreglar lo pendiernte con Galicia es absurdo.Harán lo que «Su Sanchidad» quiera y le convenga.El fugado de Bruselas será quien decida y no es fácil que ceda porque se queda sin armas y si antes no tiene clara su amnistía no será tan torpe como para exponerse a ser atrapado y encerrado por los asuntos pendientes.