Logo de que o bipartito aprobase onte a suba dos impostos en Lugo
O PSOE e BNG tentaron xustificar a suba de impostos nunha suposta necesidade de investir en políticas sociais, pero a realidade é que o bipartito malgasta os cartos públicos en iniciativas de dubidosa rendibilidade social “a política de gasto do bipartito de Lugo está caracterizada pola mala xestión, os intereses clientelares e a opacidade: Atopan cartos para o que lles interesa, non para o que a cidade precisa”.
A concelleira popular Mar Carballas xustificaba esta afirmación con varios exemplos indicando que “é inadmisible que pidan un esforzo aos lucenses de 4.5 M€ mentres eles derrochan máis de 400.000€ para o mantemento das Caldas do Miño ou no Impulso Verde sen saber o uso que terá o edificio, e que tan só recibiu 16 visitas en todo o ano.
A popular tamén explicou que PSOE e BNG pagaron 30.000€ en 2 campañas de promoción sobre a Zona de Baixas Emisións que, nin sabemos cando se porá en marcha, engandindo que “non hai diñeiro para as reparacións de auga pero sí para pagar un libro sobre a historia do abastecemento de auga en Lugo que custa 10.000€; tamén indicou que están malgastando 2.000€ ao mes para pagar o aluguer dunha nave para gardar as turbinas da fábrica de la luz e as piscinas flotantes que nunca se puxeron no Miño.
Suba de impostos inxustificable
Lugo seguirá sendo a cidade onde máis se paga en impostos locais, logo de que PSOE e BNG aprobasen onte no pleno unha importante subida de impostos e taxas: Un 10% de suba no IBI urbano, un 67% de suba no IBI rural, un 25% de suba no recibo da auga e entre un 12 e un 20% na plusvalía.
Malia que, en época electoral, negaron a suba de impostos, o bipartito acabou aprobando este expolio fiscal co que o PP non está dacordo, pois apostamos por unha xestión eficiente e responsable dos cartos públicos, non por seguir obrigando aos lucenses a un esforzo fiscal desmedido (4.500.000 de euros extras ao ano) mentres PSOE e BNG continuan malgastando os cartos públicos.