O Proxecto de drenaxe temporal, unha desfeita para Touro

por Redacción A Coruña

Hai dous anos o proxecto de drenaxe temporal das augas contaminadas dos ríos procedentes da mina tivo a autorización da Xefatura territorial de minas e Augas de Galicia, a pesar das múltiples alegacions realizadas, por consideralo ineficaz e ser unha pantalla de fume para tapar unha contaminación de décadas que nunca se quixo asumir dende un punto de vista ambiental senón meramente económico para as empresas e a adminisción. 

Hoxe, unha vez máis, queda en evidencia, o Río Portapego que foi canalizado, según dí a empresa Cobre San Rafael, para que non vertera as augas contaminadas por drenaxe áceda de mina, vai unha vez máis, co seu canle cheo polas rúas de Touro invadindo a calzada e os baixos dos edificios.

O proxecto de drenaxe non existe, solo é unha pantalla de fume para conseguir unha autorización e decir que o que sae aos ríos é legal e posiblemente tamén subvencións públicas que o financien.

Mentras esto acontece nas rúas de Touro, non parece que ninguen se faga responsable e paralice esta desfeita, nin a empresa nin a administración.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario