Ecoloxistas en Acción denuncia que a Xunta está realizando unha actuación en Rairiz de Veiga que afecta a Rede Natura sen a pertinente declaración de impacto ambiental

por Redacción Ourense

A organización ecoloxista alerta que a ZEC Ponteliñares e ZEPA da Limia veranse afectadas por esta decisión da Xunta, que xa deu inicio á actuación

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural emitiu  o estudo previo de iniciación da reestructuración parcelaria da zona de  Rairiz de Veiga sen ter en conta que a zona a reestructurar forma parte dunha Reserva da Biosfera. Ecoloxistas en Acción denuncia que a actuación prevista pola Consellería pode afectar directa ou indirectamente ao espazo Rede Natura 2000, tanto a ZEC Ponteliñares coma a ZEPA da Limia. Polo tanto é esixible  un estudo específico para a avaliación da súa repercusión no lugar, tendo en conta os obxectivos de conservación do espazo. Sinalan, que sen embargo, esta afección non se tivo en conta no estudio.

«É un despropósito que nunha  zona que conta cunha declaración de augas afectadas e a piques de ser declarada como zona vulnerable o estudo vincule a viabilidade do proceso de restructuración a potenciación dunha gandeiria intensiva que precisamente é a actividade xeradora da grave problemática ambiental que hoxe sofre a comarca da Limia», declara Nancy Blanco, voceira de Ecoloxistas en Acción.

A organización ecoloxista esixe que se someta o proceso á normativa de avaliación de impacto ambiental e a publicación do D.I.A., antes de calquer actuación relacionada co mesmo, que e de estar iniciadas actuacións, estas se suspendan, de forma temporal e inmediata. Especialmente no que abrangue as fincas lindantes cos camiños que conteñen arborado centenario protexido. Ademáis da superficie de sistema de prados e formacións de bocage e todo o corredor fluvial do Río Vidueiro.  

Ecoloxistas en Acción solicita que o proceso de Reestructuracion se leve a cabo únicamente nas plazas de labradío, en tanto en canto non se adecue un proceso e fórmulas que garantan a conservación da masa arbórea autóctona, xa que está demostrado que en concentracións parcelarias e procesos anteriores nin a administración nin o concello lograron acadar os obxetivos de compatibilizar a  conservación do medio e as obras  e cambios de uso  do territorio  moitos sen un obxetivo claro.

Foto portada: La fábrica de nubes (Wikipedia)

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario