Elena Candia: «Non aos que intentan xustificar un réxime que tanto dano está a causar a Venezuela»

por 21 Noticias

Elena Candia acompañada por cargos do Partido Popular volveron este sábado a estar ao carón dos venezolanos que viven en Lugo para dicir alto e claro «non aos que intentan xustificar un réxime que tanto dano está a causar a Venezuela».

Os populares sumáronse á concentración para defender «a liberdade, a vida e a democracia de Venezuela e para esixir a dimisión de Maduro que, nin un día máis, pode seguir ao fronte do país».

Explican que «a crise de Venezuela non é un problema illado, é unha cuestión que afecta á estabilidade e aos dereitos humanos a nivel global» salientado como o réxime de Maduro sumiu ao país en anos de represión.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario