No Día da Tradución, atópome reflexionando sobre o camiño que me trouxo ata aquí

por Bibi Santiso

De nena, encantábame a máquina de escribir do meu avó, fascinada polo seu son e como ese son transformábase en pequenos garabatos sobre o papel; marabillada polo poder das palabras —da linguaxe. Foi a través da beleza do galego, a lingua dos meus avós e do meu pai, que aprendín por primeira vez como as palabras poden tender pontes entre mundos. Hoxe, sinto honra de poder levar esa mesma paixón ao meu traballo, axudando a persoas e empresas a conectar a través de linguas e culturas.

Para min, a tradución non se trata só de semántica; trátase de dar vida a historias, tradicións e voces que merecen ser escoitadas —máis aló das fronteiras, a través do tempo.

Este día vai por todas e todos aquelas e aqueles que traballan para derrubar barreiras lingüísticas e crear un mundo máis conectado.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario