A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá no Palacio de María Pita ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación do Goberno de España, Luis Planas.
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá no Palacio de María Pita ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación do Goberno de España, Luis Planas, con motivo da súa visita á cidade da Coruña. Rey e Planas conversaron sobre a potencialidade da gastronomía coruñesa e o posicionamento da cidade con eventos como o Fórum Gastronómico de Galicia, xunto co liderado de diferentes empresas locais no mercado internacional.
Así mesmo, a alcaldesa trasladoulle ao ministro o interese de avanzar cara unha distinción da gastronomía atlántica co obxectivo da posta en valor do produto de proximidade, da dieta e cociña tradicionais das diferentes cidades e países que conforman a macrorexión. A iniciativa xorde do traballo posto en marcha pola rede Atlantic Cities, presidida pola alcaldesa Inés Rey, para traballar nese eido.