O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu hoxe ao acto conmemorativo da festividade dos Anxos Custodios, patróns da Policía Nacional, que se celebrou na facultade de Veterinaria de Lugo.
Arias impuxo unha das dezaseis medallas ao mérito policial que se entregaron durante a celebración.