O Ciclo Mestre Mateo chega á Fonsagrada coas producións galegas de referencia nos premios deste ano

por Redacción Lugo

O proxecto da Academia Galega do Audiovisual e a vicepresidencia da Deputación de Lugo chega á vila da Montaña desde o 12 de outubro até o 15 de decembro en colaboración da asociación fonsagradina Abordelar.

A asociación Cultural Abordelar organiza as proxeccións do Ciclo Mestre Mateo no concello da Fonsagrada, baixo o proxecto que desenvolve a Academia Galega do Audiovisual e a área de Cultura da vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O salón de actos dos Chaos converterase nunha sala de cine un fin de semana cada quince días cunha programación que partirá do 12 de outubro até o 15 de decembro.

A programación presenta unha oferta ampla, variada e dirixida tanto ao público infantil como adulto, nas que se proxectarán un total de 17 títulos compostos porlongametraxes, documentais e curtametraxes. Todos eles referentes aos finalistas dos premios de referencia do audiovisual galego, os Mestre Mateo 2024. Como por exemplo O CornoMatria ou Fatum.

O obxectivo principal que se propón a Academia Galega do Audiovisual como a área de Cultura da vicepresidencia da Deputación de Lugo é achegar as producións galegas aos municipios nos que non existe unha oferta de cinema comercial, polo que habitualmente non chegan os filmes que participan nos Premios Mestre Mateo.

A primeira sesión será o sábado 12 de outubro ás 20 horas con Matria e o domingo 13 de outubro con A viaxe de Lucy ás 17 horas.

A asistencia para o público será gratuíta, sen necesidade de reserva previa de entradas.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario