O PSdeG provincial reivindica en Culleredo os dereitos das persoas maiores

por Redacción A Coruña

O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña celebrou, con motivo da conmemoración do Día Internacional das Persoasde Idade o pasado martes 1 de outubro, un acto de reivindicación dos dereitos das persoas maiores no Edificio de Servizos Públicos do Burgo, en Culleredo.

O evento foi organizado dende a Secretaría de Maiores da Comisión Executiva Provincial da organización, ostentada por María José Cebreiro, coa colaboración da concelleira socialista responsable da área Servizos Sociais en Culleredo, Penélope López.

O acto foi introducido por López e máis por Aitor Bouza en representación da Comisión Executiva Provincial, que destacou ante un salón ateigado que os dereitos das persoas maiores son «una cuestión fundamental para a nosa organización e para a nosaacción política».

«Apostamos por este tipo de xornadas tamén como agradecemento a todas esas persoas maiores que tanto deron para que os que somos máis novospodamos estar hoxe onde estamos, e para compartir propostas coa ollada posta no futuro e no que queda por facer», engadiu o socialista.

Interviñeron no acto o psicólogo e sociólogo Santiago Porta Dovalo, a médica Carmen Acuña do Campo e máis o deportista e adestrador Humberto Ramírez Fouz.

Santiago Porta Dovalo, que foi tamén funcionario da Xunta e do Concello da Coruña, deu a súa charla sobre a situación e os retos dos servizos sociaisorientados ás persoas maiores.

Pola súa banda, Carmen Acuña, doutora no CS de Mera e concelleira socialista en Oleiros, ademáis de secretaria provincial de Sanidade, centrou a súaintervención nos desafíos que enfrontan as persoasmaiores na sanidade.

Finalmente, Humberto Ramírez, ex-xogador do Club de Rugby Arquitectura Técnica (CRAT) da Coruña e director deportivo do equipo, falou sobre o deporte para a xente de idade e a súa importancia.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario