A Xunta impulsa a divulgación dos oficios artesanais no San Froilán coa mostra ‘Cultura e Tradición no Camiño’

por 21 Noticias

J O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou esta tarde no Atrio da Catedral de Lugo na primeira xornada da mostra ‘Cultura e Tradición no Camiño’, que organiza o grupo etnográfico Traxandaina e patrocina a Xunta de Galicia co obxectivo de achegar ao público ás técnicas artesanais e aos valores que implica o feito á man, ademais de impulsar e consolidar a marca Artesanía de Galicia. Estará aberta ata o día 11 en horario de 11.30 a 14.30 horas e de 16.30 a 19.30 horas.

O evento conta coa participación de dezaseis destacados artesáns de Galicia e do resto de España que amosarán o seu traballo e impartirán obradoiros gratuítos e cada xornada estará dedicada a ramas diferentes da artesanía.

A programación comezou este sábado cos oficios da ferrería e a cantería e contou cun taller conducido por Álvaro Leiro, un dos artesáns galegos de referencia e que foi galardoado o pasado ano co premio Nacional de Artesanía e co Premio Mestre Artesán ao Mellor artesán de vangarda que outorga o círculo Fortuny.

A xornada do domingo estará dedicada aos instrumentos de percusión e vento e o músico Suso Vaamonde deleitará aos presentes cun concerto didáctico a partir das 19.00 horas.

As actividades continuarán o día 7 dando o protagonismo á espartería e a cestaría, cun taller a cargo de Susi Gesto, mentras que o día 8 será a quenda da zoquería e a escultura.

O día 9, Día do Camiño de Santiago, Xisco Feijóo e María Vidal impartirán un obradoiro ás 18.00 horas, e unha hora despois ofrecerán un concerto de pandeireta.

O día 10 collen o relevo os artesáns en alfarería e cabacería, e a programación pecharase o día 11 cunha xornada dedicada ao encaixe de palillos e a cestaría, cun obradoiro de Ermitas Becerra.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario