Inés Rey reivindica a importancia dun diagnóstico máis rápido do TDAH nas mulleres

por 21 Noticias

A alcaldesa, Inés Rey, abriu esta mañá a II Xornada Muller e TDAH organizada pola Fundación IDAGA e a Fundación María José Jove. Rey estivo acompañada por Felipa Jove, presidenta de la Fundación María José Jove; Ángel Carracedo, presidente da Fundación INGADA e pola directora Xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana Pérez.

Rey reivindicou a necesidade de que haxa un diagnóstico do TDAH nas mulleres máis rápido para garanter o seu pleno desenvolvemento social e laboral: «Coñecemos historias de mulleres que descubriron a súa TDAH na idade adulta e que tiveron que lidiar coa sensación de ser ‘caóticas’ ou ‘desorganizadas’ cando en realidade os seus cerebros simplemente funcionan dunha maneira diferente» sinalou. Destacou que «miles de mulleres e nenas viven con este trastorno sen diagnóstico, o que ten un impacto nas súas vidas a nivel persoal profesional e social» e a importancia da celebración desta xornada «para falar delas».

Rey tamén se referiu á cuestión de xénero: «As aptitudes e características que se lle presupoñen ás persoas en función do seu sexo marcan unha diferenza tamén na detección dos seus síntomas como no caso das mulleres, que polo noso rol coidador presupónsenos atentas, disciplinadas, calmadas o que choca co TDAH». Agradeceulle a INGADA e á Fundación María José Jove a iniciativa.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario