A persoa que representa a este colectivo é Isolina Morais, labrega deTerroso (Vilardevós) e dedicada tamén á venta na praza de abastos de Ourense.
Como cada día 8, a Área de Igualdade da Deputación realiza unrecoñecemento especial ás mulleres con profesións altamente masculinizadas ou de gran relevancia ao longo da historia.
Así, dentro desta iniciativa, “8M, mes a mes”, búscase promover durante todo o ano a importancia do traballo das mulleres.
No mes de outubro, o recoñecemento é a muller rural dedicada aocampo, coincidindo tamén con que o día 15 celébrase o Día internacional das Mulleres Rurais.
O lema seleccionado neste mes é:“Sementando raíces, colleitando forzas” e a persoa seleccionada en representación do colectivo é Isolina Morais Domínguez, Lina,natural de Terroso, Vilardevós.
É labrega e tamén se dedica á venta na praza de abastos de Ourense na súa propia tenda, “A Horta da
Lina”. Ademais, realiza compra-venda de castaña en tempada. Lina comezou coa produción para autoconsumo, e hai máis de tres anos foi cando decidiu emprender, impulsada pola súa paixón por traballar a terra.
Liga directamente o seu traballo con obter produtos de calidade e de maior seguridade alimentaria para a nosa saúde. “A agricultura ademais de permitirnos ter a capacidade de producir os nosos propios alimentos, apórtanos unha produción de alimentos sans, e fai que a poboación coñeza a procedencia dos mesmos e é algo que incide directamente na nosa saúde”, engade.