A edil de Cultura do Concello de Lugo mantivo un encontro cos barraquistas e acordou ampliar un día máis a apertura do feiral con prezos reducidos
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que recinto feiral abrirá un día máis con prezos reducidos. «Celebraremos o día da infancia despois de escoitar a proposta das e dos empresarios do sector, permitindo que o recinto feiral prolongue a súa estancia máis a cambio de ofrecer prezos reducidos nos distintos postos», explicou Maite Ferreiro.
A proposta supón ampliar a apertura dos postos do recinto feiral, ofrecendo un prezo reducido tanto nas atraccións para persoas adultas como nas infantís.
Maite Ferreiro afirmou que «o San Froilán 2024 está a ser un gran éxito e desde o Concello de Lugo queremos facilitar que toda a veciñanza poida desfrutar das festas independentemente da súa situación económica».