O Grupo Socialista censura o «ecopostureo» da Xunta e reclama a retirada da suba «unilateral e abusiva» do canon de Sogama

por 21 Noticias

. A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Paloma Castro, criticou o “ecopostureo” da Xunta, ao que “o obxectivo de acadar a neutralidade climática en 2025 dálles igual”. Así o dixo hoxe no Pleno do Parlamento durante o debate dunha moción do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que retirara a suba “unilateral e abusiva do cano de Sogama”, que foi rexeitada polo PP.

Castro pediulle ao goberno galego que utilice o canon de Sogama, que o propio goberno galego recada, para bonificar aos concellos para que poidan manter o canon. Reclamou que manteñan ademais a bonificación extra do 15 por cento que estaba a aplicar Sogama aos concellos que promovan a redución da produción de lixo e a reciclaxe de envases lixeiros, os que rebaixen os recibos á veciñanza, e que instauren un programa de compostaxe domiciliario e/ou comunitario.

Ademais, reclamou que abran unha vía de diálogo coas entidades locais a través dunha Comisión de traballo para determinar as condicións do canon e debater o cambio de modelo de xestión de residuos en Galicia, iniciando ademais un programa de colaboración en materia de residuos coas entidades locais. A propsota socialista incluía a ampliación das plantas de biorresiduos de Galicia, recuperando o Plan de xestión de residuos urbanos 2010-2022.

Mentiras, falsidades e información sesgada

Paloma Castro desmontou as “mentiras, falsidades e información sesgada” por parte da Xunta co canon de Sogama, xa que lembrou que o seu propio partido, o PP, votou en 2018 en Europa a favor da Directiva Europea que impoñía o impostos aos estados membros. Ademais, no debate da Lei de Residuos en España as súas emendas, no canto de pedir a prohibición do imposto, pedían que fora complementario con outros gravames autonómicos ou locais.

Lembrou ademais que este canon, que penaliza aos gobernos que incumpren coas directrices europeas e priorizan a incineración e o depósito en vertedoiro, é recadado pola Xunta, que é quen se beneficiará dos 9 millóns de euros que recadará cada ano co novo imposto. Ademais, lembrou que a compensación anunciada polo presidente da Xunta, que supón o 60 por cento da suba do canon, será aplicada a costa do Fondo de Cooperación Local, retirando recursos aos concellos.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario