- O vicevoceiro Ramón Cabarcos lembra que a alcaldesa ofreceu á Xunta os terreos do antigo colexio para facer esta infraestrutura, pero agora, sen dar explicacións, modifica a localización e propón outra con características moi distintas; que nin sequera é da súa propiedade e que está pendente de urbanizar” reflexionan.
- Aseguran que o cambio repentino de opinión da alcaldesa de Lugo sobre a futura ubicación desta infraestrutura pola que levan agardando dende o ano 2021 “contradí os compromisos adquiridos pola súa predecesora coa veciñanza do barrio” engadindo que “as declaracións contra a Xunta son unha manobra para desviar á atención e culpar inxustamente a outra administración dun novo retraso na execución desta infraestrurura”
- Cabarcos indicou que “este cambio de ubicación supón un desperdicio de recursos e tempo da Consellería que traballou sobre unha idea concreta, proposta polo Concello de Lugo, e presentou un proxecto que foi ben recibido polos veciños xa que mantiña o centro de saúde no corazón do barrio”.
- O PP lembra que o proxecto para o novo centro de saúde no Sagrado Corazón é unha prioridade para a Xunta de Galicia, tal e como se comprometeu o Conselleiro de Sanidade en dúas cartas dirixidas á alcaldesa en novembro de 2021 e marzo de 2022, nas que se reafirmaba o compromiso da administración autonómica coa implantación do Plan de Infraestruturas Sanitarias.
- Dende o Grupo Municipal conclúen que “é coñecida a falla de eficacia na xestión do Concello, con proxectos que se cambian sobre a marcha e sen ningunha planificación, pero non pode obrigar a outras administracións a facelo mesmo”.