A Deputación de Lugo continúa improvisando na xestión do Pazo dos Deportes., tras a lamentable imaxe que proxectou a cidade de Lugo e a provincia o pasado sábado en España ao suspenderse o encontro do conxunto breoganista na liga ACB. Vídeos, chíos en X (antes Twitter) con infinidade de comentarios cun máximo responsable, o vicepresidente nacionalista Efrén Castro, que tivo a pouca valentía de emitir un comunicado no seu nome, o fixo amparándose na vicepresidencia. Efrén leva cinco anos ao cargo da Área de Deportes da Deputación, ante a pasividade dun José Tomé e o seu equipo de goberno, que se poñen de perfil, ante un problema de máximo interese para a cidade e provincia de Lugo.
Neste senso, a falta de dirección política do bipartito Tomé – Efrén, sen unha solución clara ata o momento e coa tensión do que poida volver a pasar na fin de semana, os socialistas escapan unha vez máis dunha situación de máxima tensión e deixan vendido ao BNG. Debería Tomé cesar a Efrén Castro ou o perigo de sacar adiante cuestións na provincia está por riba das responsabilidades políticas directas.
O Pazo dos Deportes ten 32 anos, sofre o baleiro político da Deputación nas últimas lexislaturas cunha falta de mantemento e de acción alarmante, sen ningún plan de traballo para acadar cando menos unha reforma parcial de mínimos coa que o Club poida continuar competindo dun xeito digno. Milleiros de siareiros lucenses lanzaron o hagstag #PorUnPazoDigno e esíxenlles ás administracións dar pasos adiante.
Hai que acadar un consenso para sacar adiante unha complexa situación á que se chegou polo desleixo do bigoberno de socialistas e nacionalistas e onde por certo, non son capaces de meter ao Consello Superior de Deportes na ecuación.
A Presidenta do Río Breogán, Carmen Lence convocou para o vindeiro luns unha xuntanza coas catro institucións, dende o Concello, a Deputación, a Xunta e o Consello Superior de Deportes para tentar desbloquear unha situación que supera o ridículo a nivel nacional e prexudica a imaxe e os intereses do conxunto breoganista.
Hai necesidade de novas instalacións deportivas en Lugo, Deputación e Concello está a poñerse de perfil ante a demanda da cidadanía e os clubs, manifestando estes a súa preocupación ante a carencia de infraestruturas deportivas modernas. O sucedido no Pazo o pasado sábado, é unha proba máis da desidia da Deputación e Concello polo deporte lucense.