O PP de Foz inaugurou a súa nova sede, na Avenida Álvaro Cunqueiro, na que “como sempre, as portas están abertas a toda a veciñanza”

por Redacción Lugo

Neste acto estiveron presentes o presidente do PP de Foz, Javier Castiñeira; a presidenta provincial do PP, Elena Candia; a conselleira de Medio Rural, María José Gómez; o senador, José Manuel Balseiro; o voceiro do PP na Deputación, Antonio Ameijide; ademais de alcaldes da comarca e simpatizantes.

O PP de Foz inaugurou onte a súa nova sede, na rúa Álvaro Cunqueiro, unha nova etapa que “comezamos con moita ilusión e que, como as anteriores, ten as portas abertas a toda a veciñanza de Foz”.

Neste acto participaron o presidente do PP de Foz, Javier Castiñeira; a presidenta provincial do PP, Elena Candia; a conselleira de Medio Rural, María José Gómez; o senador por Lugo, José Manuel Balseiro; o voceiro do PP na Deputación, Antonio Ameijide; así como alcaldes da comarca e representantes e simpatizantes do PP. 

Javier Castiñeira explicou que foi “un día moi especial, despois de tantos anos na sede da Avenida da Mariña”. “Agora achegámonos un pouco máis ao corazón de Foz, máis preto da casa do Concello, que agardamos sexa un sinal de que o PP volverá a estar na alcaldía de Foz para poder dar a todos os veciños do municipio uns servizos de calidade, como os que merecen”, sinalou.

Javier Castiñeira destacou en que “o PP de Foz é unha gran familia, que sempre ten as portas abertas a todo aquel que queira formar parte dela, polo que convidamos a calquera focego a achegarse a esta nova sede para aportar ideas, denunciar calquera inxustiza ou simplemente traballar para que Foz mellore día a día”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario