Elena Candia desvela que o goberno local recoñece que os terreos rústicos da zona rural pagarán IBI urbano e pide bonificacións para os afectados

por 21 Noticias
  • “Trátase de 15.451.424 m2 de solo en áreas de expansión que pagarán como urbanos ainda que non gozarán dos dereitos desa clasificación ata que se esgoten as áreas do núcleo”
  • A voceira popular explica que “un dos motivos polos que o Partido Popular votou en contra da suba de impostos en Lugo é por unha medida que o goberno local de PSOE e BNG plantexan e que afecta  á zona rural.
  • Dentro do solo de núcleo rural hai unha parte moi importante que está catalogada como area de expansión, son máis de 15 millons de metros cadrados de solo. Ata o de agora por estas fincas se tributaban como solo rústico pero unha vez aprobado o 5% do PXOM se pasan a  consideran como imobles urbanos e tributarán como tal.
  • A confirmación desta situación chega da man do propio goberno que nunha contestación a preguntas do PP  recoñece que estes inmobles tributarán cun tipo de gravame urbana.
  • Elena Candia avanzou que á vista desta situación o Grupo do PP presentará entre as súas alegacións unha proposta para que se aprobe unha bonificación para os afectados por este cambio.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario