A Deputación participa en Mondoñedo no inicio das San Lucas, as festas máis antigas de Galicia

por 21 Noticias

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno, asistiu este mércores aos actos que dan o pistoletazo de saída ás festas das San Lucas de Mondoñedo. López Moreno sinalou a importancia destes festexos, os máis antigos de Galicia con 868 anos de tradición,  “que desde hoxe e ata o 20 de outubro enchen de milleiros de persoas Mondoñedo, o que supón un importante revulsivo económico”.

As festas arrancaron coa lectura do pregón, que nesta ocasión, correu a cargo do diplomado en Gastronomía Internacional, Dietética e Nutrición e un dos fundadores do Centro Galego de Berna en Suíza, Jesús Díaz Fernández.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario