O PP presenta unha batería de propostas para favorecer a mobilidade do futuro no casco histórico de Lugo

por Redacción Lugo

“Nun contexto onde seguimos cos modificados das obras do centro sen aprobar, e con prórrogas que retrasan seu o remate”

A voceira do PP Elena Candia e o vicevoceiro popular Ramón Cabarcos explicaron que as rúas do recinto amurallado, trala intervención dos proxectos Corazón Verde, son máis febles que as que existían antes: como exemplo gráfico contrapoñían unha imaxe da rúa Bolaño Ribadeneyra que se está levantando, e que ten un espesor de entre 40 e 50 centímetros, coa imaxe das pezas da rúa Quiroga Ballesteros cun pavimento de 8 cm de granito e que están en moi mal estado, pese a que é unha rúa peonil.

Os populares indicaron que  “estas rúas febles condicionarán e obrigarán a limitar o tráfico dentro de murallas xa que non soportarán o tránsito de vehículos cotidiano, de xeito que dificultarán a vida e a actividade económica no centro” recriminándolle ao goberno local que con estas obras só “buscasen unha imaxe de postal efímera sen pensar que o proxecto que están implantando dificultaría o acceso de vehículos no casco histórico”.

Neste contexto presentaron unha batería de propostas para favorecer e atender, de xeito particular, ás necesidades de cada tipo de usuarios “é o momento de abrir o debate e  o obxectivo final desta achega  é contribuir con propostas constructivas” para facilitar a residencia, o traballo e a visita ao centro de Lugo, dividindo as solucións en seis pquetes dependendo do perfil dos usuarios.

Os populares tamén explicaron que obras do casco histórico suporán un custe para as arcas munipais de cerca de 6M€ eso, sen cuantificar, todos os perxuizos que están causando a empresarios, residentes e veciños desmontando o argumento do PSOE de que a peonalización do centro ía sainos case de balde aos lucenses.

Ramón Cabarcos explicaba os detalles de cada unha das medidas para as diferentes casuísticas relativas á mobilidade rodada dentro da futura Zona de Baixas Emisións dentro de murallas .

Para RESIDENTES e TRABALLADORES sen garaxe

“Propoñemos estacionamento periódico e permanente (250/365 días) con bonificacións de custos preferentemente de prazas de aluguer nos aparcadoiros de pago soterrados da Praza do Ferrol, Sto. Domingo e da Constitución”.

Para PROVEDORES DE SERVIZOS

“Propoñemos estacionamento recorrente / ocasional de corta duración (1/5 horas) UBICACIÓNS SUPERFICIAIS, RESERVADAS DE XEITO EXCLUSIVO DE PUNTOS SUPERFICIAIS DE CARGA E DESCARGA Rúas de baixo tránsito (Hospital, do Son, Tuñas Bouzón, Ramón y Cajal, Balteira, Noreas, Estantigas, dos Romanos, da Deputación…) a maiores de posible disposición de prazas nos aparcadoiros de pago soterrados da Praza do Ferrol, Sto. Domingo e da Constitución (segundo demanda e necesidades)”.

Para DEMANDANTES DE PRODUTOS ou servicios

 (Comercio, dentista, xestor, colexios, eventos …) ESTACIONAMENTO ocasional de curta duración (1/5 horas) PROVISIÓN DE PRAZAS DE BALDE aparcadoiros non soterrados do perímetro amurallado (o Carme, Fogar de Sta. María, Anxo López, Rda. Muralla, antigo pavillón…) reserva EN TEMPO REAL, coa posibilidade de reserva por APP.

USUARIOS DOS APARCADOIROS DA PERIFERIA URBANA ESTACIONAMENTO esporádico, en vehículo particular ou colectivo (sen duración establecida) DESEÑO DE LIÑAS DE TRANSPORTE público con paradas nos aparcadoiros da periferia (disuasorios) con desprazamento ata o centro do casco histórico SEN RESERVA.

PEÓNS vehiculados (persoas de idade nova ou avanzada, con dificultade de mobilidade, con transporte de pesos…) ACHEGAMENTO preto, sinxelo SERVIZO DE TRANSPORTE COLECTIVO (autobús) con parada na praza de Sto. Domingo SEN RESERVA.

Para os usuarios de VEHÍCULO LIXEIRO (motocicletas, bicicletas, patíns…) dotación de espazos superficiais cubertas a carón das portas da Muralla. Buscamos un estacionamento áxil e doado  sen duración establecida.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario