O PSdeG reclama á Xunta que financie a construción do polígono industrial de Pedras Vermellas en Ribeira

por Redacción A Coruña

O voceiro do PSdeG-PSOE de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, denunciou a “situación de éxodo de veciñanza e de empresas provocada pola falta de investimento da Xunta de Galicia nacreación de chan industrial.

O PSdeG-PSOE reclama á Xunta de Galicia o financiamento da creación do polígono industrial de Pedras Vermellas, no municipio de Ribeira.

O Grupo Municipal Socialista no Parlamento galegopresentou unha proposición non de lei para instar áXunta a establecer ao longo do ano 2024 as liñas econtías de financiamento plurianuais necesarias para a construción do polígono.

O voceiro do PSdeG-PSOE de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, denunciou a “situación de éxodo de veciñanza e de empresas provocada pola falta de investimento da Xunta de Galicia na creación de chan industrial dentro do noso concello”.

Para o portavoz socialista local “isto é unhaurxencia, porque as empresas ribeirenses non están podendo medrar e están tendo que marchar, e con elas os traballadores e traballadoras, xa que os polígonos onde poden desenvolverse as empresas están noutros municipios”.

Suárez-Puerta lamentou que “a Xunta non fixesepracticamente ningunha aportación máis alá dunhaaxuda para repotenciación do tendido eléctrico para o polígono industrial, a pesar de ter as competencias”.

“Agardamos que a Xunta deixe de poñerse de perfil e aporte para facer realidade este polígono sen que o seu custo caia no Concello e polo tanto naveciñanza”, sinalou o socialista.

“É practiamente inviable que a construción do polígono industrial poida levarse a cabo só coa aportación do Concello debido ao seu elevado custo, polo que a aportación real da Xunta é esencial”, engadiu.

A moción, presentada no Parlamento de Galicia polas deputadas socialistas Patricia Iglesias Rey e Lara Méndez e o deputado socialista Julio Abalde,lembra que a “Consellería de Economía, Industria e Innovación ofreceurecentemente o apoio da Xunta de Galicia para a posta en marcha do novopolígono”.

Polo tanto, o Grupo Parlamentario Socialista reclama á Xunta que cumpra este compromiso, xa que a propia asociación de empresarios local “urxe que se axilicen os prazos deste proxecto vital para Ribeira e que se reduzan os prazospara que o polígono sexa unha realidade”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario