Paula Prado: “BNG e PSOE sigan sen condenar abertamente ao réxime de Maduro”

por 21 Noticias

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, lamentou hoxe que o BNG e o PSOE sigan sen condenar abertamente a «fraude democrática» perpetrada por Nicolás Maduro en Venezuela e ínstaos a «rectificar» a súa postura: «Como demócratas, é a nosa obriga actuar para que haxa xustiza».

Así o manifestou esta tarde no debate ¿Cómo muere el Estado democrático? El caso de Venezuela organizado pola Universidade de Santiago de Compostela no marco do seu Foro de Dereito Constitucional. Un debate no que remarcou o recoñecemento do seu partido a Edmundo González como lexítimo presidente electo de Venezuela e a súa condena ao réxime ditatorial de Maduro e á represión que está exercendo.

«As actas electorais avaladas pola comunidade internacional desnudan a fraude do chavismo e obrígannos a actuar para que haxa xustiza. Porque como dixo o propio Edmundo González na Illa da Toxa, é o noso deber como demócratas defender a súa legalidade e facer valer a soberanía popular», explicou recordando que o Partido Popular levou ao Parlamento de Galicia unha iniciativa neste sentido e ante a que o BNG votou en contra e o PSOE galego preferiu absterse.

Neste sentido lamentou que o socialismo «se sitúe do lado de Zapatero e da súa lealdade a Venezuela» e que os independentistas galegos volvan mostrar o que verdadeiramente son: «Un partido con ideas extremas e que sempre se sitúa no lado incorrecto da historia».

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario