Bernardo Fernández destaca “o compromiso do Goberno cos galegos” polas novas bonificacións da AP-9, “fronte ao ruído do PP”

por Redacción Galicia

«A autoestrada grava os desprazamentos de transportistas e particulares pola prorroga da concesión aprobada polo PP», lembra o seretario xeral do PSdeG Provincial da Coruña

Bernardo Fernández, secretario xeral da Agrupación Provincial Socialista da Coruña, considera que “o goberno de Pedro Sánchez amosa unha vez máis o seu compromiso cos galegos coas novas bonificacións da AP9”.

“Nunca debemos deixar de lembrar que a autoestrada grava a diario os desprazamentos de transportistas e particulares pola decisión do goberno de Aznar de prorrogar a concesión da infraestrutura ata o ano 2048”, asegura Fernández.

“Pero agora, máis alá do ruído que chega do PP, hai un goberno que fai fronte a esta situación herdada aplicando bonificacións nos viaxes que poden acadar ata o 75%”, afirma o secretario xeral socialista.

“O PP insiste nunha estratexia de agochar os méritos dun goberno que o único que fai é mellorar os servizos públicos e a atender reivindicacións históricas dos galegos”, engade.

Por último, pídelle “á Xunta que faga os deberes, aplicando a gratuidade nas peaxes das autoestradas galegas, como a AG-55, que une A Coruña con Carballo”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario