Este venres 18 de outubro é unha data máxica…Maxia pola Igualdade, onde o gran mago Charly Braun ten como obxectivo visibilizar a través da Maxia que calquera persoa é capaz de facer o que se propoña, sexa home ou muller.
Esta é unha actividade de Ler Conta Moito, o programa de dinamización das Bibliotecas da Xunta de Galicia en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Valadouro.
Maxia pola Igualdade é un espectáculo para todos os públicos.
Poderemos ver a Charly Braun e a súa maxia na Casa da Cultura do Concello do Valadouro ás 19:00 horas.