A Deputación da Coruña destina 175.000 euros para apoiar a 49 deportistas de alto nivel da provincia

por Jorge García

A atleta ribeirense Ana Peleteiro, o boxeador coruñés Emmanuel Reyes, medalla de bronce en París, a lanzadora de peso mugardesa Belén Toimil, o arqueiro pontés Miguel Alvariño, o nadador Jacobo Garrido Brun ou o noiés Caetano Horta, entre os bolseiros de Deportes da Deputación deste ano.

A Deputación da Coruña, na súa labor de  apoio ao deporte coruñés, vén de publicar a concesión definitiva de 49 bolsas deportivas de 3.500 euros destinadas a deportistas da provincia que destacan en competicións federadas a nivel rexional, nacional e internacional. 

Entre as 49 persoas bolseiras figuran deportistas dun amplo abano de disciplinas deportivas: atletismo, piragüismo, remo, vela, natación, boxeo, taekwondo, judo, esgrima, tenis de mesa, badminton, halterofilia, tiro con arco ou triatlón.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, afirmou que “ademais de premiar o esforzo e a excelencia dos deportistas coruñeses, a Deputación quere colaborar con elas e eles para que podan desenvolver todo o seu potencial, ter acceso á mellor preparación e competir ao máis alto nivel”. 

“As bolsas da Deputación pretenden ser unha axuda para que estes deportistas  sigan colleitando éxitos para o deporte coruñés”, apuntou o presidente da institución provincial.

Tamén o deputado responsable da área de Deportes, Antonio Leira, destacou a importancia destas axudas “para apoiar o traballo diario das persoas deportistas da provincia e darlles a oportunidade de continuar perfeccionando a súa práctica e de participar en competicións do máis alto nivel, incluso nos Xogos Olímpicos, como acabamos de ver en París”.

O deputado sinalou que entre os bolseiros se atopan algúns dos nosos atletas olímpicos e principais talentos deportivos da provincia nas diferentes disciplinas deportivas como a atleta ribeirense Ana Peleteiro, o boxeador coruñés Emmanuel Reyes, gañador da medalla de bronce en París, a lanzadora de peso mugardesa Belén Toimil, o arqueiro pontés Miguel Alvariño, o nadador Jacobo Garrido Brun ou o noiés Caetano Horta en remo. 

Máis bolsas e máis dotación económica

Leira destacou que o goberno de Valentín González Formoso incrementou nos últimos anos tanto o número como a contía das bolsas: “pasamos de 30 bolsas de 2.500 euros a 49 bolsas de 3.500 euros”, afirmou o deputado, que considerou que este apoio “evidencia o compromiso da Deputación cos nosos e as nosas deportistas e a nosa aposta para axudarlles a situar o deporte coruñés á vangarda do deporte galego”. Ademais, ampliouse tamén o rango de idades, permitindo que os deportistas de ata 32 anos podan participar na convocatoria.

As bolsas divídense en catro categorías:

Grupo A: 19 bolsas para persoas de entre 12 e 17 anos (concesión provisional)
García Picón, LucasTriatlón3.500,00 €
Romero Rey, Candela Piragüismo3.500,00 €
Malov Castro, AlexanderTenis de Mesa3.500,00 €
Silo Mengue, Digna AdaHalterofilia3.500,00 €
Romero Fernández, NoaTaekwondo3.500,00 €
Kim Yuom, SanEsgrima3.500,00 €
Del Castillo Ramos, SaraBádminton3.500,00 €
Navarro Losada, SergiNatación3.500,00 €
Poncela Peteiro, Inés Bádminton3.500,00 €
Couce Insua, SofiaTenis de Mesa3.500,00 €
Abeijon Priegue, DanielTaekwondo3.500,00 €
Fernández-Villarrenaga Fernández, InésJudo3.500,00 €
Videla Miguens,VíctorTaekwondo3.500,00 €
López Gonzalez, BorjaPiragüismo3.500,00 €
Freire Ramas, MaiaBádminton3.500,00 €
Rey Cousillas, Daniel Halterofilia3.500,00 €
Osayande Imasuen, Johana EmuwanhenHalterofilia3.500,00 €
Picos Galceran, JavierAtletismo3.500,00 €
Sesar Vila, CarlaTaekwondo3.500,00 €
Garcia Pernas, DanielHalterofilia3.500,00 €
Grupo B: 14 bolsas para persoas de entre 18 e 23 anos. (Concesión provisional) 
Garrido Brun, Jacobo Natación3.500,00 €
Fuentefría Sanchez, RuthHalterofilia3.500,00 €
Horta Pombo, Caetano XoseRemo Olímpico3.500,00 €
Perez Parrado, Alma MariaTaekwondo3.500,00 €
Vázquez Vidal, BraisRemo3.500,00 €
López González, MartínPiragüismo3.500,00 €
Herrero Baspino, CesarVela3.500,00 €
Bermúdez De Castro Castro, CarlosVela3.500,00 €
Veiga Perez, Iker Piragüismo3.500,00 €
Lata Cagiao, IrenePiragüismo3.500,00 €
Boudjenane Liñares, MateoTaekwondo3.500,00 €
Salanova Liste, AdriánTaekwondo3.500,00 €
Blanco Tarela, IreneHalterofilia3.500,00 €
Montemuiño Martinez, IreneTaekwondo3.500,00 €
Grupo C: 14 bolsas para persoas de entre 24 e 32 anos. Concesión definitiva.
Miguéns Sánchez DiegoPiragüismo3.500,00 €
Reyes Pla Enmanuel Boxeo3.500,00 €
Mosquera Rial AdriánPiragüismo3.500,00 €
Gaitero Martín AlbertoJudo3.500,00 €
Martinez Santiago IreneHalterofilia3.500,00 €
López Sheriff EstrellaJudo3.500,00 €
Castro Mariño VictorHalterofilia3.500,00 €
Fernández Freire IvánPiragüismo3.500,00 €
Peleteiro Brion AnaAtletismo3.500,00 €
Alvariño García MiguelTiro con Arco 3.500,00 €
Cendán Llorens AndrésTriatlón3.500,00 €
Toimil Fernandez Maria BelenAtletismo3.500,00 €
Liste Viaño MartinHalterofilia3.500,00 €
De Valdés Alvarez MariaNatación3.500,00 €
Grupo D: 2 bolsas para deportistas paraolímpicos de 33 anos ou máis.
Vidal Álvarez, AlejandroTaekwondo3.500,00 €
Quereda Rodriguez, AlmudenaNatación3.500,00 €
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario