A atleta ribeirense Ana Peleteiro, o boxeador coruñés Emmanuel Reyes, medalla de bronce en París, a lanzadora de peso mugardesa Belén Toimil, o arqueiro pontés Miguel Alvariño, o nadador Jacobo Garrido Brun ou o noiés Caetano Horta, entre os bolseiros de Deportes da Deputación deste ano.
A Deputación da Coruña, na súa labor de apoio ao deporte coruñés, vén de publicar a concesión definitiva de 49 bolsas deportivas de 3.500 euros destinadas a deportistas da provincia que destacan en competicións federadas a nivel rexional, nacional e internacional.
Entre as 49 persoas bolseiras figuran deportistas dun amplo abano de disciplinas deportivas: atletismo, piragüismo, remo, vela, natación, boxeo, taekwondo, judo, esgrima, tenis de mesa, badminton, halterofilia, tiro con arco ou triatlón.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, afirmou que “ademais de premiar o esforzo e a excelencia dos deportistas coruñeses, a Deputación quere colaborar con elas e eles para que podan desenvolver todo o seu potencial, ter acceso á mellor preparación e competir ao máis alto nivel”.
“As bolsas da Deputación pretenden ser unha axuda para que estes deportistas sigan colleitando éxitos para o deporte coruñés”, apuntou o presidente da institución provincial.
Tamén o deputado responsable da área de Deportes, Antonio Leira, destacou a importancia destas axudas “para apoiar o traballo diario das persoas deportistas da provincia e darlles a oportunidade de continuar perfeccionando a súa práctica e de participar en competicións do máis alto nivel, incluso nos Xogos Olímpicos, como acabamos de ver en París”.
O deputado sinalou que entre os bolseiros se atopan algúns dos nosos atletas olímpicos e principais talentos deportivos da provincia nas diferentes disciplinas deportivas como a atleta ribeirense Ana Peleteiro, o boxeador coruñés Emmanuel Reyes, gañador da medalla de bronce en París, a lanzadora de peso mugardesa Belén Toimil, o arqueiro pontés Miguel Alvariño, o nadador Jacobo Garrido Brun ou o noiés Caetano Horta en remo.
Máis bolsas e máis dotación económica
Leira destacou que o goberno de Valentín González Formoso incrementou nos últimos anos tanto o número como a contía das bolsas: “pasamos de 30 bolsas de 2.500 euros a 49 bolsas de 3.500 euros”, afirmou o deputado, que considerou que este apoio “evidencia o compromiso da Deputación cos nosos e as nosas deportistas e a nosa aposta para axudarlles a situar o deporte coruñés á vangarda do deporte galego”. Ademais, ampliouse tamén o rango de idades, permitindo que os deportistas de ata 32 anos podan participar na convocatoria.
As bolsas divídense en catro categorías:
| Grupo A: 19 bolsas para persoas de entre 12 e 17 anos (concesión provisional) | ||
| García Picón, Lucas | Triatlón | 3.500,00 € |
| Romero Rey, Candela | Piragüismo | 3.500,00 € |
| Malov Castro, Alexander | Tenis de Mesa | 3.500,00 € |
| Silo Mengue, Digna Ada | Halterofilia | 3.500,00 € |
| Romero Fernández, Noa | Taekwondo | 3.500,00 € |
| Kim Yuom, San | Esgrima | 3.500,00 € |
| Del Castillo Ramos, Sara | Bádminton | 3.500,00 € |
| Navarro Losada, Sergi | Natación | 3.500,00 € |
| Poncela Peteiro, Inés | Bádminton | 3.500,00 € |
| Couce Insua, Sofia | Tenis de Mesa | 3.500,00 € |
| Abeijon Priegue, Daniel | Taekwondo | 3.500,00 € |
| Fernández-Villarrenaga Fernández, Inés | Judo | 3.500,00 € |
| Videla Miguens,Víctor | Taekwondo | 3.500,00 € |
| López Gonzalez, Borja | Piragüismo | 3.500,00 € |
| Freire Ramas, Maia | Bádminton | 3.500,00 € |
| Rey Cousillas, Daniel | Halterofilia | 3.500,00 € |
| Osayande Imasuen, Johana Emuwanhen | Halterofilia | 3.500,00 € |
| Picos Galceran, Javier | Atletismo | 3.500,00 € |
| Sesar Vila, Carla | Taekwondo | 3.500,00 € |
| Garcia Pernas, Daniel | Halterofilia | 3.500,00 € |
| Grupo B: 14 bolsas para persoas de entre 18 e 23 anos. (Concesión provisional) | ||
| Garrido Brun, Jacobo | Natación | 3.500,00 € |
| Fuentefría Sanchez, Ruth | Halterofilia | 3.500,00 € |
| Horta Pombo, Caetano Xose | Remo Olímpico | 3.500,00 € |
| Perez Parrado, Alma Maria | Taekwondo | 3.500,00 € |
| Vázquez Vidal, Brais | Remo | 3.500,00 € |
| López González, Martín | Piragüismo | 3.500,00 € |
| Herrero Baspino, Cesar | Vela | 3.500,00 € |
| Bermúdez De Castro Castro, Carlos | Vela | 3.500,00 € |
| Veiga Perez, Iker | Piragüismo | 3.500,00 € |
| Lata Cagiao, Irene | Piragüismo | 3.500,00 € |
| Boudjenane Liñares, Mateo | Taekwondo | 3.500,00 € |
| Salanova Liste, Adrián | Taekwondo | 3.500,00 € |
| Blanco Tarela, Irene | Halterofilia | 3.500,00 € |
| Montemuiño Martinez, Irene | Taekwondo | 3.500,00 € |
| Grupo C: 14 bolsas para persoas de entre 24 e 32 anos. Concesión definitiva. | ||
| Miguéns Sánchez Diego | Piragüismo | 3.500,00 € |
| Reyes Pla Enmanuel | Boxeo | 3.500,00 € |
| Mosquera Rial Adrián | Piragüismo | 3.500,00 € |
| Gaitero Martín Alberto | Judo | 3.500,00 € |
| Martinez Santiago Irene | Halterofilia | 3.500,00 € |
| López Sheriff Estrella | Judo | 3.500,00 € |
| Castro Mariño Victor | Halterofilia | 3.500,00 € |
| Fernández Freire Iván | Piragüismo | 3.500,00 € |
| Peleteiro Brion Ana | Atletismo | 3.500,00 € |
| Alvariño García Miguel | Tiro con Arco | 3.500,00 € |
| Cendán Llorens Andrés | Triatlón | 3.500,00 € |
| Toimil Fernandez Maria Belen | Atletismo | 3.500,00 € |
| Liste Viaño Martin | Halterofilia | 3.500,00 € |
| De Valdés Alvarez Maria | Natación | 3.500,00 € |
| Grupo D: 2 bolsas para deportistas paraolímpicos de 33 anos ou máis. | ||
| Vidal Álvarez, Alejandro | Taekwondo | 3.500,00 € |
| Quereda Rodriguez, Almudena | Natación | 3.500,00 € |