O proxecto Guido Guía e os Urban Sketchers de Lugo estrean colaboración e lanzan para o domingo 27 de outubro unha tarde de paseo e debuxo pola cidade de Lugo.
A iniciativa USK (debuxantes urbanos) é unha comunidade mundial que acaba de asentarse hai tres meses na capital bimilenaria, e lanzan esta actividade xunto ao guía de turismo Guido Álvarez (proxecto Guido Guía) para expandir a súa iniciativa e descubrir se hai na cidade máis persoas interesadas en integrarse á súa comunidade creativa.
A convocatoria é aberta e gratuíta, previa inscrición no correo guidoguiaturismo@gmail.com e con cita o domingo 27 de outubro ás 16h00 na entrada do Parque Rosalía (xunto ao busto da escritora)