“Samuel foi vítima dun ataque homófobo, dun asasinato que nos lembra o perigo do odio e da intolerancia”, denuncia o secretario LGTBI provincial, Aitor Rodríguez
O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña vén de esixir, con motivo do inicio do xuízo polo crime de Samuel Luíz, “xustiza” tanto para el como “para tódalas persoas que sufriron ou sofren violencia e discriminación simplemente por ser quen son”.
“Samuel foi vítima dun ataque homófobo, dun asasinato que nos lembra o perigo do odio e da intolerancia na nosa sociedade”, denuncia o secretario LGTBI do PSdeG Provincial da Coruña, Aitor Rodríguez, lembrando ó mozo coruñés que faleceu tras recibir unha brutal malleira na madrugada do 3 de xullo de 2021.
Rodríguez subliñou o compromiso dos socialistas “coa loita por unha sociedade máis xusta e libre de odio” onde “todas e todos poidamos vivir con dignidade e respecto”.
“Dende o PSdeG defenderemos sempre os dereitos LGTBI e non pararemos ata erradicar a homofobia e construír unha sociedade inclusiva”, conclúe o secretario provincial, reiterando a condea “a toda forma de violencia, especialmente aquela baseada no odio cara á orientación sexual e á identidade de xénero”.