UCIN: “O goberno do PP xoga coa saúde dos pacientes do Hospital Clínico de Santiago de Compostela”

por 21 Noticias

José Luis Calo, coordinador de Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) denunciou a “situación crítica” das Urxencias do Hospital

Clínico de Santiago, referente para toda a comarca. Persoas en estado grave colocados en cadeiras de rodas e padiolas nos corredores de acceso, botando horas ou días antes de asignarlles unha cama.

Hai un deterioro constante que se ve agravado pola falta de contratación de persoal, que se apoia na precaridade dos contratos.

A falta de vontade política e de gasto orzamentario en chiringuitos e entidades paralelas (fundacións, consorcios, axencias e empresas públicas) da Xunta, fai que a sanidade pública galega estea nunha “situación crítica” pola falta de recursos.

Calo sinalou que “isto é unha estratexia privatizadora sen límites que está levando acabo Alfonso Rueda e o Partido Popular”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario