Comunicado do PP de Lugo ante o premio a Óscar Puente

por 21 Noticias

Logo de coñecer a proposta de homenaxe ao ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, os representantes do Partido Popular da provincia de Lugo queren comunicar que:

PRIMEIRO.– Non asistiremos aos actos do Día do Veciño ante o conflicto que supuxo o nomeamento de Óscar Puente por parte da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo e a nosa oposición a que sexa premiado debido á súa nula xestión e implicación con Lugo e Galicia.

SEGUNDO.-Tal e como lle temos trasladado por carta o pasado mes de xuño coincidindo con outra visita súa á cidade, reiterámoslle os asuntos pendentes coa nosa provincia en materia de infraestruturas viarias e ferroviarias:

– A recuperación dos proxectos das variantes ferroviarias na liña Ourense Monforte-Lugo de Os Peares-Canaval e Rubián porque son imprescindibles para garantir que a provincia de Lugo dispoña de Alta Velocidade. LUGO QUERE TREN! LUGO QUERE ALTA VELOCIDADE!

– A mellora da liña ferroviaria Lugo – A Coruña e a súa integración no Corredor Atlántico de Mercancías, a conexión directa entre Lugo con Santiago e A Mariña por ferrocarril e o impulso da liña de FEVE.

– Restablecer o servizo dos cinco carrís da A-6 no viaduto do Castro porque Lugo continúa sen conexión directa por autovía coa Meseta máis de dous anos despois do seu colapso.

– Rematar a autovía a Santiago (A-54) e retomar a construcción da autovía a Ourense (A-56).

– Avanzar nos proxectos para a construción das autovías da Mariña (A-74) e Ponferrada-Monforte-Ourense (A-76).

– Mellorar a seguridade nas estradas nacionais e autovías da provincia que, en moitos casos, presentan un estado intransitable.

Comparte éste artículo
1 Comment