Son unhas contas que: reforzan servizos públicos como sanidade e servizos sociais destacando o investimento de 1,3M€ para dar un uso ao antigo edificio de APNAIS; apostan polo emprendemento e á creación de emprego e aseguran fondos para continuar cos compromisos adquiridos en anos anteriores».
Salienta o incremento dun 15% en política social, con respecto ao ano anterior, ata acadar 52,5M€ de investimento total nesta Consellería demostrando o compromiso firme da administración autonómica coa nosa cidade.
– Elena Candia destacou o 1,3 M € para avanzar e darlle uso ao antigo edificio de APSNAIS situado no edificio da Rampa de Claudio López, un exemplo claro da implicación do goberno galego na ampliación dos recursos da man de entidades sociais.
– Ademais subliñou que para mellorar a atención aos maiores usuarios das residencias se destinan: 4 M€ para a remodelación da residencia de As Gándaras (logo de investir 2M€ o ano pasado); 1,4M€ remodelación da residencia de maiores da Milagrosa.
– Asemesmo figuran unha partida de 7 M€, un 19% máis que no anterior exercicio, para bonos de dependencia para os nosos maiores
– Tamén no eido da conciliación indicar que 1.300 cativos e cativas lucenses beneficiaranse, por terceiro ano consecutivo, da gratuidade das escolas infantís e, por último, hai unha reserva de 500.000 € para o novo centro de crise 24H para atención ás vítimas da violencia de xénero
– Outros investimentos que reforzan a mellora de servizos públicos son o 1,3M€ para a reforma integral do Centro de Saúde da Milagrosa así como o impulso del Centro de Sagrado Corazón con orzamento na partida de equipamentos e obras de centros de atención primaria.
– Candia insistiu en que o modelo de cidade que defende o Partido Popular para Lugo, centrado nas persoas, está presente en cada partida do orzamento. «A creación de emprego e atracción de empresas xunto coa mellora de infraestruturas e o acceso á vivenda son fundamentais para o benestar da cidadanía» engadindo que «esas prioridades se apuntalan neste orzamento da Xunta»
– A popular refírese, entre outros investimentos, aos 4,7 M€ para a ampliación do parque empresarial de As Gándaras ou os 12,1 M€ para vivenda pública
– Se aspiramos a que o Concello sexa motor da provincia é necesario dar un pulo ás infraestruturas, por iso é moi importante destacar os 6,2 M€ que presuposta a Xunta para impulsar a Estación Intermodal de Lugo, unha infraestrutura estratéxica para acadar a plena integración da estación de autobuses coa ferroviaria. Agora ten que acompañar o Goberno do Estado para levar o AVE en tempo e forma e así deixar de ser unha das poucas cidade de 100.000 habitantes sen tren de alta velocidade.
– A voceira popular tamén salientou diferentes partidas que son necesarias para continuar cos compromisos adquiridos enumerando entre outras: a segunda anualidade de 1.6M€ para a rehabilitación integral do IES Lucus Augusti; 4M€ (período 2022/25) para promover o Campus Terra; 460.000 euros para Centro de Formación Profesional Ocupacional de Lugo; 500.000 € mellora das conexións no Plan Paradai, 360.000€ en accións de restauración da muralla
– No capítulo de deportes figura o 1,6 M€ para a reforma do estadio lucense Anxo Carro cuxo investimento é de 3M€ que se distribuirá en dúas anualidades
– A voceira popular reflexionaba que «fronte ao modelo do goberno local, empeñado en proxectos sen valor engadido aos lucenses, os orzamentos da Xunta poñen o foco no que realmente importa: o benestar e o futuro das persoas»