José Tomé celebra o Día do Veciño ante 5.500 asistentes con 24.000 euros de diñeiro público

por 21 Noticias

Segundo o gabinete de prensa da Deputación de Lugo, nunha nota enviada aos medios de comunicación decía que, este ano superouse o marca de participación coa asistencia 5.500 persoas de diferentes entidades e colectivos da provincia. Esta cita conta cunha achega da institución provincial de 18.000€ e un lote de produtos de proximidade valorado noutros 6.000€.

Tomé manifestaba “Para min ten un sentido moi especial asistir cada ano a esta festa que xunta a veciños e veciñas de toda a xeografía lucense. Persoas para as que traballamos cada día dende a Deputación da man dos Concellos, para conseguir máis e mellores servizos”,

O mandatario provincial ante a concorrencia dividida polo agasallo a Óscar Puente, onde se poido escoitar o descontento de unha parte dos asistentes con palabras como: «Vergoña, escándalo, rin da xente, unha Federación para uns poucos, ridículos» foron algúns dos cualificativos máis suaves que se escoitaron entre un importante número de veciños encabuxados polo espectáculo veciñal, Tomé manifestou que é unha “festa de convivencia, de irmandade e para compartir o orgullo que sentimos como veciños da provincia”. Quixo felicitar ao Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, coa V de Veciño nesta edición. “Un recoñecemento supón un inventivo para seguir escoitando e atendendo as necesidade dos veciños e veciñas, que é o noso obxectivo e a nosa obriga como representantes públicos”,

José Tomé Roca, ante os abucheos de unha parte dos asistentes, entregou na festa da familia socialista , a V de Veciño ao ministro de Transportes e Mobilidade Sostible de España, Óscar Puente; a Alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco; os presidentes da Asociación de Veciños Santiago de Adelán, e da Comunidade de Monte Veciñal e Mancomún Corva, Fernando González Palmeiro, e José Manuel Pena Regueiro; e a secretaria da Asociación Veciñal Penedos do Zorro de San Miguel de Vilapedre de Sarria, María Mónica López.

O Día do Veciño, en palabras do Presidente , «é o espírito veciñal, o de axudarnos uns ós outros, o de estar presentes cando máis se necesita, é o que nos sostén como sociedade. Ese mesmo espírito que, durante xeracións, nos acompañou en tempos de dificultade e nos fixo máis fortes”. Destacou ademais que este tipo de encontros “fortalecen os lazos entre nós” e ademais “nos inspiran a continuar construíndo unha provincia mellor, máis xusta e solidaria”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario