O PSOE de Rianxo volve a mostrar a súa intención de colaboración para garantir que o POS 2025 sexa aprobado e así impulsar un cambio no modelo deportivo e social.
Nos vindeiros meses deberá ser debatido en pleno, co obxectivo de garantir a súa aprobación e, ao mesmo tempo, promover un cambio profundo no modelo deportivo e social do municipio.
Oscar Rial, voceiro dos socialistas de Rianxo, expresa de novo a necesidade de que Rianxo en Común dé un paso adiante, e promovan dende o Grupo Municipal de Rianxo en Común, os canais de comunicación necesarios para establecer un acordo sobre a aprobación deste POS 2025, a vontade dos socialistas é a de analizar as propostas coa antelación
suficiente e propoñer un acordo de lexislatura 25-27 para este punto tan importante como é o POS, o plan de obras e servizos, que lle permitirá a Rianxo executar obras de envergadura, grazas á aportación de fondos por parte da Deputación da Coruña.
Esperamos que nas vindeiras semanas Rianxo en Común propoña alguna reunión formal con oso Grupo para avanzar neste posible acordo e garantir de novo a execución do POS 2025-2027.
Desde o PSOE de Rianxo, insistimos en que este POS debe ser unha oportunidade para mellorar as infraestruturas e servizos que afectan directamente o benestar dos nosos veciños e veciñas a nivel social e cultural, ainda que tamén segue sendo primordial continuar co saneamento e abastecemento, ainda que nestes aspecto os socialistas de Rianxo insistimos na licitación dun contrato para a súa xestión o antes
posible. Oscar Rial “consideramos que a licitación deste contrato debe ser un reto a conseguir no 2025”.
Presentamos unha serie de demandas que consideramos prioritarias e que cremos fundamentais para a súa inclusión no POS 2025. Entre estas
solicitudes destacamos:
- Construción de beirarrúas no lugar de Xogo dos Bolos.
- Asfaltado de camiños e saneamento na Capela – Araño.
- Asfaltado de pistas en Abuín e completar o saneamento en Rañó.
- Reparación e acondicionamento do Centro Cultural e Deportivo de Taragoña.
- Remodelación da área recreativa da Lomba
- Remodelación da área recreativa da Martela.
- Remodelación do Centro Cultural de Asados.
- Acondicionamento do aparcadoiro do cemiterio de Isorna e cerrar o patio da escola Unitaria de Quintáns.
Os socialistas somos conscientes das múltiples necesidades que existen no noso concello, e seguiremos insistindo en que se sigan executando asfaltados con carga a fondos municipais, de maneira que o POS 2025 poida destinarse a obras de maior calado e impacto na veciñanza. Pero
tamén insistiremos en que estos proxectos de asfaltados municipais sexan planificados en base a un criterio obxectivo.
Mostramos o noso compromiso con estas propostas, que responden as demandas da veciñanza, e reiteramos a nosa disposición para traballar xunto ao goberno local para garantir que o POS 2025-27 sexa aprobado cun consenso absoluto, aspecto que xa mostramos na xestión do POS adicional 2024, donde a actuación Socialista se centrou una culminación