Lugo acolle o 21 Encontro Galego de Ilustración organizado pola AGPI

por Redacción Lugo

Arroxo: «Esta mostra non só é un recoñecemento ao talento galego, senón tamén unha oportunidade para achegar ao público o seu traballo»

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, asistiron á presentación do 21 Encontro Galego de Ilustración, un evento anual organizado pola AGPI e cargado de obradoiros, charlas e presentacións en torno á ilustración e todo o que rodea á profesión.

Cada ano, o Encontro recorre cidades do país, sendo a de Lugo a escollida para esta nova edición. Rubén Arroxo destacou a «importancia darlle valor ao traballo das profesionais da ilustración, recoñecendo todo o tempo e esforzo que adican a cada creación e reivindicando a importancia desta arte como parte da cultura galega actual».

Os actos do Encontro celébranse en varias datas dende o 19 de outubro ao 9 de novembro, así como en varios emprazamentos da cidade como a EASD Ramón Falcón de Lugo e principalmente en O Vello Cárcere. A programación contará coa presencia de socias e socios AGPI como Aida Alonso, Augusto Metztli, Diego Estebo, Eva Agra, Gutián, Leandro Barea, Manel Cráneo e Santy Gutiérrez, e con autoras como Giovanna Lopalco ou Julia Lago. Tamén se ofrecerán charlas teórico-prácticas con Mónica Rodriguez, experta en creativos e desenvolvemento personal, e acompañamento musical a cargo de Iria Estévez.

Ademais, destacou o Tenente Alcalde, incluirase unha exposición nas instalacións do Vello Cárcere en conmemoración dos primeiros vinte anos de AGPI, composta de obras de socias e socios que reflectirá a evolución e diversidade do mundo da ilustración galega ao longo deste tempo. «Esta mostra non só será un recoñecemento ao talento galego, senón tamén unha oportunidade para achegar o público ao traballo dos profesionais que están detrás», explicou Rubén Arroxo.

PROGRAMACIÓN

SÁBADO 19 DE OUTUBRO
Escaparates ilustrados

– GIOVANNA LOPALCO (Libraría Biblos, escaparate na Av. Ramón Ferreiro)

XOVES 24 DE OCTUBRE 
Escaparates ilustrados

– GUITIÁN (Libraría Lectocosmos, Praza do Campo Castelo, 19)
 

MARTES 22 DE OUTUBRO

– Obradoiro na EASD Ramón Falcón:  «Deseño de persoaxes non normativos» por EVA AGRA.

VENRES 25 DE OUTUBRO

O Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n, 27002 Lugo)

17:00 h.
Charla-obradoiro «O sentido do humor e a súa relación co éxito na carreira
profesional dun ilustrador» por MÓNICA RODRÍGUEZ LIMIA

18:00 h.
 Presentación Novo Caderno AGPI por AUGUSTO METZTLI

18:40 h.
 Inauguración exposición conmemorativa dos XX anos de AGPI
amenizada pola música de IRIA ESTÉVEZ en formato dúo

SÁBADO 26 DE OUTUBRO

O Vello Cárcere

11:00 h.
Benvida a cargo de LAURA ROMERO (presidenta de AGPI) e  AUGUSTO METZTLI (Vicepresidente)

11:15 h.
Charla «E ti de cándo eres?» Modera NEVES RODRÍGUEZ.
Participan: SANTY GUTIÉRREZ e MANEL CRÁNEO. 

12:15 h.
Pausa para o café

12:45 h.
Charla-obradoiro «Podería funcionar» por LEANDRO BAREA.

Tarde:

16:00 h.
Charla-obradoiro «Debuxo e moito bla bla bla» por JULIA LAGO.
17:00 h.
Charla-obradoiro sobre collage «Crea persoaxes xogando con papel» por DIEGO ESTEBO

SÁBADO 9 DE NOVEMBRO

O Vello Cárcere

12:00 h.
Obradoiro para nenos/as «Cal é o teu libro favorito?» por AIDA ALONSO

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario