A Fundación Amigos de Galicia leva anos atendendo as necesidades das nenas e nenos vulnerables que precisan anteollos e/ou lentes para garantir o seu correcto desenvolvemento educativo e social. Estes dous
últimos anos aumentou moito a demanda e solicitude que nos fan a veces, derivado polos mesmos servicios sociais dos concellos e os colexios ou institutos xa que a ausencia dos mesmos limita o seu rendemento escolar, a súa participación na aula e a súa interacción social.
Neste contexto, segue pendente a aprobación da lei no Parlamento español que supoñería unha partida orzamentaria de 707 millóns de euros a nivel nacional, con asignación de unha partida económica para
cada Comunidade Autónoma. Esta medida permitiría que os anteollos e as lentes pasasen a formar parte das prestacións da Seguridade Social a partir de 2025, eliminando o custo para as familias. O obxectivo
principal desta nova normativa é garantir que a adquisición de anteollos non supoña un esforzo financeiro para as familias, ampliando así a oferta de prestacións do Sistema Nacional de Saúde (SNS).Para a Fundación Amigos de Galicia o mais preocupante son as familia que non poden facer fronte a este gasto creemos que este se debe resolver o antes posible cubrindo a Administración o costo das mesmas.
Ata a aprobación desta normativa, as entidades sociais como a Fundación Amigos de Galicia asumen o custo deste equipamento, conscientes da importancia da saúde visual na infancia. Os anteollos non son só un recurso médico, senón unha ferramenta fundamental para o benestar e o desenvolvemento pleno destes menores. A Fundación, xunto a outros axentes sociais, esfórzase por garantir que ningún neno ou nena en situación de vulnerabilidade quede sen acceso a este apoio crucial.
A falta duns anteollos ou lentes pode ter un impacto profundo no presente e futuro destes menores. A visión deficiente repercute no seu rendemento escolar, xera frustración e limita a súa interacción social, afectando tamén á súa autoestima. A aprobación desta lei será esencial para garantir que todos os menores en situación de vulnerabilidade teñan acceso a unhas condicións de saúde visual axeitadas, contribuíndo á súa igualdade de oportunidades no ámbito educativo e social.